Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os residentes no edificio afectado polas lapas no Valadouro van volvendo aos seus fogares

Os residentes no edificio afectado polas lapas no Valadouro van volvendo aos seus fogares

As dúas mulleres falecidas incendio, nai e filla, foron despedidas por centos de persoas

Un equipo especializado da Garda Civil traballa para esclarecer as causas do suceso

Félix Aragunde 19/04/2024 13:33

Días despois do incendio en que morreron dúas veciñas, nai e filla, o resto de residentes no mesmo edificio de Ferreira do Valadouro van volvendo, pouco a pouco, aos seus fogares. Algúns, escasos, fixérono en canto puideron, pasadas as 48 horas recomendadas polos bombeiros.

As familias que regresaron ás súas vivendas son as que viven en pisos que non se viron afectados polas lapas. Outras, pola contra, non volverán ata que rematen os traballos de reparación e de limpeza.

Os pisos que se encontran en peor estado son os que dan ao patio de luces. Neles, as ventás quedaron estragadas a causa do incendio. Ademais, hai mobles afumados e moita roupa que precisa un lavado.

As dúas veciñas que faleceron no incendio, de 50 e de 77 anos, foron despedidas por centos de persoas no seu funeral. Pola súa parte, un equipo especializado da Garda Civil traballa para esclarecer as causas do suceso, sen descartar hipótese ningunha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar