Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os rapaces de 9 a 11 anos recibirán a primeira dose entre o mércores e o sábado

Os rapaces de 9 a 11 anos recibirán a primeira dose entre o mércores e o sábado

Son 60.000 nenos e nenas que recibirán as mensaxes nos móbiles dos pais

Os que se infectaran recentemente non van ser citados

G24.gal 11/12/2021 16:23

As familias de rapaces e rapazas de entre 11 e 9 anos deben estar atentas aos seus móbiles, porque xa comezaron a citar os menores para recibir a primeira dose da vacina contra a covid.
Será o mércores, xoves e venres pola tarde e o sábado durante todo o día nos lugares habituais de vacinación masiva de cada área sanitaria, onde terán que acudir na hora que lle indiquen.

Hai 1.881 casos activos nos centros educativos galegos. E oito de cada dez destes contaxios son entre os menores de doce anos. Esta alta incidencia contrasta coa do grupo de rapaces maiores de doce anos xa vacinados.

As nenas e os nenos de entre 11 e 9 anos que se infectaran recentemente non serán citados para vacinar nesta semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos