Os produtos ecolóxicos poden custar ata 3 veces máis ca os de marca branca
Un estudo da OCU analiza os produtos de 17 cadeas de supermercados
A Organización de Consumidores pide un IVE superreducido do 4 % para estes produtos co fin de promover un consumo máis sostible
Non é o mesmo encher a cesta da compra con produtos de sempre que facelo cos ecolóxicos.
As maiores diferenzas danse nos produtos de hixiene e coidado persoal, segundo o estudo elaborado pola OCU, pero tamén en iogures ou arroces.
Comparado coa marcas líderes, un produto ecolóxico pode custar case o dobre, o triplo se o comparamos coas marcar brancas.
Son máis sostibles pero non todo o mundo pode encher a cesta da compra con eles. Por iso a OCU solicita un IVE superreducido do 4 % para este tipo de produtos, entre outras medidas, que promovan un consumo máis responsable.