Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os partidos do Deportivo e do Pontevedra, na grella da G2 e G24

Os partidos do Deportivo e do Pontevedra, na grella da G2 e G24

O Rácing quere manter o seu posto de privilexio no campo do poderoso Fuenlabrada

Deportivo (sábado, 19 h) e Pontevedra (domingo 17 h) precisan reaccionar canto antes

G24.gal 28/10/2022 21:58

O líder Rácing de Ferrol visita o Fuenlabrada a semana en que soubemos do alcance das lesións de Pumar e Ferrone, defensas titulares para Cristóbal. De momento, o equipo reforza o seu lateral dereito coa incorporación de Aitor Pascual. O futbolista, que non tiña equipo, adestraba co Racing á espera da apertura do mercado invernal. O técnico asegurou este venres que a solución a esas baixas estaba no propio grupo. 

O Deportivo medirase en Riazor co Sanse. Os coruñeses son sétimos tras perder a semana pasada co filial do Real Madrid. Os postos de play off para o ascenso están agora a dous puntos. E o liderado a oito.

O Real Madrid B é precisamente o próximo rival do filial celeste, que vén de derrotar o Linares a domicilio.

A situación máis delicada é a do Pontevedra, antepenúltimo clasificado, que este domingo en Pasarón recibe o San Fernando. O Pontevedra só gañou un partido no que levamos de temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade