Os novos abonos de tren caducarán en catro meses
A gratuidade do transporte esténdese aos autobuses de longa distancia
Os actuais abonos multiviaxe para os desprazamentos en tren teñen as horas contadas.
Os abonos caducan este sábado e será necesario renovalos, un proceso que habería que repetir o 30 de abril, porque teñen unha vixencia de catro meses.
As condicións xerais de uso non varían: haberá que solicitar un título de viaxe específico para cada orixe e destino de media distancia e depositar unha fianza de 20 euros que se lle devolverá ao final do cuadrimestre se realizou polo menos 16 viaxes nese traxecto.
Ademais, mantense a penalización para os usuarios que reserven praza máis de tres veces e logo non a usen. Nese caso cancelarase o abono. Os novos abonos poderán solicitarse a través da web de Renfe a partir das 12 desta mesma noite.
A gratuidade do transporte estenderase tamén aos autobuses de longa distancia que ata o de agora só contaban cunha bonificación da metade do prezo da viaxe.