Cargando resultados...
Os migrantes amontóanse nas fronteiras con EUA ao expirar o artigo 42
A norma fronteiriza aprobada durante a pandemia permitía as devolucións en quente

G24.gal
12/05/2023 08:56
Última actualización 12/05/2023 09:15
Hai unhas horas deixou de rexer en Estados Unidos a norma fronteiriza aprobada polo expresidente Donald Trump que permitía a expulsión de migrantes por motivos sanitarios coa escusa da pandemia. E así estaba nas últimas horas a fronteira sur co país. Desde hai días, amoréanse familias completas, con nenos, que esperaban a expiración do artigo 42 para poder coarse e pedir asilo humanitario.
Pero desde a Administración Biden xa advertiron de que non van permitir a entrada no país. Anunciaron que entran en vigor novos requisitos e que endurecerán os castigos contra quen non os cumpran.