Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os membros da sociedade de caza de Meis denuncia ameazas

Os membros da sociedade de caza de Meis denuncia ameazas

Apareceron animais desmembrados e pintadas nas súa casas

Presentaron varias denuncias na Garda Civil

G24.gal 11/01/2022 14:18

As ameazas comezaron sendo telefónicas. O presidente da Sociedade de Caza de Meis, Camilo Otero, di que nesas chamadas lle dicían que tiña os días contados, pero pronto subiron de intensidade.

Segundo Otero, apareceron pintadas preto da súa casa chamándolle ladrón e sufriu explosións as portas da súa vivenda, onde tamén deixaron un animal desmembrado.

Outros compañeiros da sociedade de caza reelixidos en novembro tamén recibiron ataques. Pensan que detrás poden estar as discrepancias coa política de admisión da entidade.

As súas familias están preocupadas e os cazadores afectados só teñen un desexo que a situación se resolva canto antes para non danar máis a súa imaxe.

Pouco lles importa quen foi basta que cesen os ataques. Porén, xa presentaron denuncia na Garda Civil por uns feitos que cualifican de intolerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade