Publicador de contidos
Publicador de contidos

Limpeza e alimentación, os mellores consellos para a saúde bucodental dos cativos

Limpeza e alimentación, os mellores consellos para a saúde bucodental dos cativos

Recomendan que os máis pequenos visiten o dentista dúas veces ao ano

G24.gal 18/04/2024 14:40

Dende saber como cepillar os dentes correctamente ata cales son os alimentos dos que non convén abusar ou canta pasta hai que botar no cepillo. Son algúns dos moitos consellos que escoitaron hoxe os cativos na visita que lles fixeron no seu colexio as hixienistas dentais. 

Así que hoxe aprenden como lavar os dentes correctamente, tamén cantas veces ao día, e cal é o mellor xeito de que sexa efectivo. Pero a clase vai algo máis aló, hai oco tamén para a alimentación, para saber cales son eses alimentos dos que convén non abusar e cales os máis saudables. 

Todo, din as profesionais, é un traballo de equipo que cómpre facer entre os cativos, seus pais, o profesorado e por suposto as dentistas e hixienistas dentais, as que hai que visitar polo menos dúas veces ao ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar