Cargando resultados...
Os máis cativos poñen en apertos a Iago Aspas e Gabri Veiga
G24.gal
19/04/2023 21:36
Baño de masas para Gabri Veiga e Iago Aspas en Vigo, os ídolos celestes protagonizaron un acto do centenario do club no Auditorio Mar de Vigo.
Máis dun milleiro de cativos, o público ao que estaba dirixido este evento, recibiron en grande os futbolistas do momento en Vigo. Cunha grande ovación para os seus ídolos.
Foron os máis pequenos os que exerceron de xornalistas por un día e preguntaron sobre varias cuestións aos futbolistas. Aspas e Veiga compartiron o seu tempo cos nenos, responderon as súas preguntas e fixeron fotos.