Maiores de 60 anos con mobilidade reducida reciben a cuarta dose na casa
Maiores de 60 anos con mobilidade reducida reciben a cuarta dose na casa
O equipo de vacinación do Sergas reúnese desde primeiras horas da mañá no centro de saúde de referencia de cada comarca e desde aquí desprázase aos domicilios
Van aos domicilios dos maiores de 60 anos que están inmobilizados
Póñenlles a cuarta dose da vacina da covid e tamén aproveitan para inocular a vacina da gripe, que aseguran que este ano vén moi virulenta
Desde primeiras horas o equipo do Sergas en Ourense traballa para repartir as doses da vacina da covid por todos os centros de saúde da provincia para que as enfermeiras e enfermeiros de referencia as repartan aos domicilios.
Teñen nunha lista os inmobilizados de cada concello así que os maiores de 60 con problemas de mobilidade reciben a cuarta dose da Covid na casa. E os que queiran tamén quedan vacinados da gripe. Os sanitarios avisan de que para os maiores é moi recomendable poñela porque este ano prevén moitos máis casos.
Póñenlle a Pfizer, pero unha vacina nova diferente ás outras doses porque ten un compoñente contra a variante ómicrom e delta.
Os coidadores aplauden a idea.