Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios acumulan case 88.000 hectáreas en Galicia e o de Larouco chega ás 30.000

Os incendios acumulan case 88.000 hectáreas en Galicia e o de Larouco chega ás 30.000

O incendio en Pena Trevinca queimou toda a contorna da Lagoa da Serpe e ameaza a gran xoia ambiental do Teixedal de Casaio

Dous soldados do exército no novo incendio declarado este mércores na Gudiña. EFE/Brais Lorenzo.
G24.gal 20/08/2025 21:25 Última actualización 20/08/2025 22:53

Carballeda de Valdeorras-Casaio (anteriormente A Veiga-A Ponte) chega a 2.000 hectáreas

Desde as 18:42 horas de luns está activo un incendio no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio (anteriormente denominado A Veiga-A Ponte), que segundo as últimas estimacións provisionais afecta 2.000 hectáreas e que entrou en Galicia dende Castela e León.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 11 brigadas, 1 pa, 1 técnico, 1 avión e 5 helicópteros.

 Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos queimou 19.000 hectáreas

Os incendios no concello de Chandrexa de Queixa comezaron o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos. Os tres acabaron por unirse nun só lume, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie de arredor de 19.000 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 147 axentes, 177 brigadas, 110 motobombas, 19 pas, 17 unidades técnicas de apoio, 29 helicópteros e 29 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín calcinou 17.000

O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o pasado venres ás 17:22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada de 17.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 122 axentes, 166 brigadas, 108 motobombas, 4 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 33 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Mezquita-A Esculqueira arrasa 10.000 hectáreas

Desde as 09:42 horas do martes 12 está activo o incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 10.000 hectáreas en territorio galego. Este incendio afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 8 técnicos, 41 axentes, 48 brigadas, 43 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 3 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 20 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

Larouco-Seadur 30.000

Desde as 18.55 do mércores 13 está activo o incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta unha superficie estimada de máis de 30.000 hectáreas en territorio galego, no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 39 técnicos, 173 axentes, 221 brigadas, 168 motobombas, 11 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas chega ás 4.000 hectáreas

O venres ás 16:38 horas iniciouse o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18:16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia das Regadas.

Os dous incendios uníronse nun só, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 72 axentes, 107 brigadas, 75 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 10 helicópteros e 12 avións.

Carballeda de Valdeorras-Casaio (anteriormente A Veiga-A Ponte) calcinou 2.000 hectáres

Desde as 18:42 horas de luns está activo un incendio no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio (anteriormente denominado A Veiga-A Ponte), que segundo as últimas estimacións provisionais afecta 2.000 hectáreas e que entrou en Galicia dende Castela e León. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 11 brigadas, 1 pa, 1 técnico, 1 avión e 5 helicópteros.

 Vilardevós-Moialde: 600 hectáreas

Ás 20:22 horas de hoxe estabilizouse o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16:05 horas do luns 11. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 600 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 25 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 6 avións.

 Vilardevós-Vilar de Cervos: 900 hectáreas

Ás 23:44 horas de onte quedou estabilizado o incendio do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, iniciado mércores 13 ás 18:09. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 21 axentes, 14 brigadas, 14 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.

 Maceda (Santiso e Castro de Escuadro): 3.500 hectáreas

O domingo 10 e o martes 12 comezaron dous incendios forestais no concello ourensán de Maceda, nas parroquias de Castro Escuadro e Santiso, respectivamente. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume que quedou estabilizado ás 00:37 horas de hoxe.

Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.500 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 11 técnicos, 93 axentes, 145 brigadas, 83 motobombas, 11 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Vilardevós-Fumaces e a Trepa: 100 hectáreas

Estabilizado desde as 01:39 horas do martes o incendio iniciado ás 17:41 horas do xoves o incendio forestal no concello de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións roza as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións.

 Riós-Trasestrada: 20 hectáreas

Estabilizado desde as 01:39 horas do martes o incendio que comezou o luns ás 14:33 horas no concello ourensán de Riós, parroquia de Trasestrada, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 2 helicópteros e 3 avións.

 Montederramo-Paredes: 120 hectáreas

Segue estabilizado desde as 10:35 horas do martes 12 o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 6 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.

Agolada-O Sexo: 400 hectáreas

Ás 16:35 horas de hoxe deuse por controlado o incendio forestal do concello de Agolada, parroquia do Sexo, que se iniciou o pasado venres e o cal, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 400 hectáreas.

Neste incendio foi preciso activar a situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Sexo. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 26 axentes, 44 brigadas, 49 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 2 avións.

O Saviñao-Chave: 60 hectáreas

Desde as 01:58 horas de onte está controlado o incendio do concello lucense do Saviñao, parroquia de Chave, que se iniciou o sábado ás 15:00 horas e o que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 14 axentes, 30 brigadas, 21 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

Ao longo deste mércores quedaron extinguidos os incendios de Cervantes-Vilarello, Muxía-Nosa Señora da O e A Fonsagrada-Monteseiro; controlouse Agolada-O Sexo e estabilizouse Vilardevós-Moialde. Cabe sinalar que as actualizacións de superficie corresponden coas novas medicións actualizadas este mércores tras as análises de recoñecemento dos helicópteros de coordinación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade