Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos Jorge Prado e Rubén Fernández, estrelas no Gran Premio de España de MXGP

Os galegos Jorge Prado e Rubén Fernández, estrelas no Gran Premio de España de MXGP

G24.gal 27/05/2022 12:12 Última actualización 27/05/2022 12:20

Os galegos Jorge Prado ( GasGas), dobre campión do mundo de motocrós MX2, e Rubén Fernández (Honda) serán dous das principais estrelas no Gran Premio de España de Motocrós MXGP, novena proba puntuable do mundial da especialidade, que esta fin de semana se disputa en Intu Xanadú, na madrileña localidade de Arroyomolinos.

Na presentación da carreira estiveron presentes o Viceconsejero de Deportes da Comunidad de Madrid, Alberto Tomei, a alcaldesa de Arroyomolinos, Ana Millán, o director xeral de Lastlap e do evento, Diego Muñoz, o xerente de Intu Xanadú, Alexis Martín, e Fernando Iserte, en representación do Consello Superior de Deportes, ademais das pilotos mundialistas Daniela Guillén e Gabriela Seisdedos, natural de Arroyomolinos. Por terceiro ano disputarase en Madrid e con asistencia de público, disputarase o Gran Premio de España, un evento único para os afeccionados ao motocrós que contará con carreiras de MXGP, MX2, mundial Feminino e Europeo de 125.

O lucense Jorge Prado, que volveu dunha pequena lesión en Sardeña, tratará de subir todo o máis alto do podio, aínda que non estará só en MXGP, xa que Rubén Fernández tamén quererá estar entre os tres primeiros da categoría. Boas sensacións para as mulleres: Daniela Guillén e Gabriela Seisdedos loitarán por volver ser historia no #motocrós feminino, como xa o foron na última proba.

"Estamos ante un proxecto eloxiado polos pilotos e polo público e detrás disto hai un traballo moi duro, cooperación e traballo en equipo son algúns dos valores coas que todos nos identificamos e que o #motocrós representa", destacou Alexis Martín, xerente das instalacións de Intu Xanadú.

Jorge Prado: "Teño moita ilusión de volver competir en España. É a proba pola que agardo todo o ano. Intentarei gañar as dúas mangas. Estou loitando por un título que creo que é posible. Estou preparado para conseguilo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar