Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos da ACB volven á Liga con senllos partidos na casa

Os galegos da ACB volven á Liga con senllos partidos na casa

Will Magney vaise estrear no Sar diante do Real Madrid

O Breogán recibe o Betis no Pazo

G24.gal 04/03/2023 13:44

Un mes despois, os xogadores do Río Breogán volverán experimentar a sensación de xogar diante dos seus, a de vivir o ruído enxordecedor do baloncesto. O Pazo acolle un Breogán-Betis no que os visitantes chegan agoniados na loita pola permanencia. Os lucenses aproveitaron a parada para recuperar efectivos. Bamforth e Happ, non así Sergi Quintela. A incógnita será como pode afectar o virus FIBA.

Tamén verá o Obradoiro a todo un Real Madrid, que o ano pasado levara o triunfo de Santiago cunha canastra case sobre a bucina de Abalde. O Sar acolle unha das citas grandes da temporada. Estrea de Will Magney, diante dun Real Madrid con baixas, pero con moitas presenzas.

Tavares, mancado nun nocello na Euroliga, será a última e quizais máis importante ausencia dos madridistas en Santiago. Pagou caro o equipo de Chus Mateo o seu importante triunfo na pista do Villeiurbanne. Vitoria por catro puntos de diferenza, cimentada nun excelente primeiro tempo. Os madridistas xa son colíderes da competición continental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos