Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos da ACB apuran as opcións de entraren na Copa

Os galegos da ACB apuran as opcións de entraren na Copa

O Breogán visita hoxe o Unicaja

O Obradoiro xoga mañá en Sevilla

G24.gal 14/01/2023 14:34

A Copa require unha heroicidade. Visita á pista de Unicaja e, unha semana desposia, á do Real Madrid. Con todos os prognósticos en contra, o Río Breogán pretende escribr unha páxina gloriosa. O inmediato agarda no Carpena, un Unicaja que vén de perder co Tenerife pero que acumula oito vitorias nos últimos dez partidos de liga. Mrsic coñece ban un equipo no que fixo historia como xogador.

O internacional Jankuba Sima é a última incorporación do Unicaja, para substituír o mandado Augusto Lima. Nesas posicións interiores tamén agarda unha fichaxe o Obradoiro, que mañá recibe o Betis. Tras a derrota no derbi, os santiagueses buscan a reacción fronte a un dos cabeiros, mallado a pasada semana no Palau Blaugrana

Pero o mercado afecta tamén indirectamente o Obradoiro, coa posible saída do bético Shannon Evans cara a Valencia. A súa presenza ou non no Sar, máximo anotador e MVP da liga, cámbiao todo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar