Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos da 1ª RFEF afrontan partidos contra rivais directos

Os galegos da 1ª RFEF afrontan partidos contra rivais directos

O Rácing visita ao Linares, candidato ao ascenso

O Celta B asalta a zona de ascenso contra o Mérida

O Pontevedra recibe ao Ceuta, pechacancelas da liga

G24.gal 25/02/2023 13:51

A loita pola fase de ascenso vive unha nova etapa cun duelo directo entre dous equipos de traxectorias semellantes. Inicio espectacular, baixón e recuperación. Nese intre atópase un Rácing que debe seperar as baixas para traer algo positivo do difícil campo de Linares.

Á expectativa está o Celta B, que visita co seu adestrador Claudio Giráldez sancionado o campo do Mérida. Viaxa co cartel de equipo máis en forma da competición. Así o demostran as sete vitorias apañados nos últimos nove partidos. Aínda así, a mensaxe que nos transmiten desde o filial é extremadamente cautelosa.

Os que si miran cara a cara o descenso son os protagonistas do partido que mañá domingo ao mediodía veremos na G2. O Pontevedra, penúltimo, recibe o Ceuta, un cabeiro en plena reacción, coa vista posta en reducir o déficit coas posicións de permanencia. 

Pasarón debe guiar os granates na procura dun triunfo vital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade