Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos, aínda con obxectivos antes de penúltima xornada de 1ª RFEF

Os galegos, aínda con obxectivos antes de penúltima xornada de 1ª RFEF

O Deportivo quere asinar unha segunda volta de récord

O Celta Fortuna busca unha boa posición para o play off no derbi, co Arenteiro á procura da Copa

O Lugo aínda ten opcións remotas de ser o 7º

G24.gal 18/05/2024 12:19

O Deportivo visita á Real Sociedade B co obxectivo de completar unha segunda volta extraordinaria. Non perdeu ningún partido e suma 14 vitorias e tres empates. Logo das celebracións hai que acabar ben a temporada.

Sensacional está sendo tamén a temporada do Celta Fortuna. É o máximo goleador do seu grupo con 65 tantos. Os números do filial celeste aínda melloraron máis dende a chegada de Fredi. O Celta Fortuna visita esta fin de semana a casa do Arenteiro. 

O Arenteiro quere facer valer o factor campo para seguir na pelexa por clasificarse para a Copa do Rei. Os do Carballiño son oitavos, con 51 puntos. Por riba, nas dúas últimas prazas para xogar o torneo do KO están Unionistas con 54 puntos e a Cultural con 57. 

Un posto máis abaixo que o Arenteiro, con dous puntos menos, está o Lugo, que visita ao Logroñés, xa descendido. Tras unha temporada complicada, os de Trashorras queren rematar a competición con boas sensacións. A cita será este serán, ás sete, nas Gaunas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade