Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os funcionarios mobilízanse en toda España pola perda de poder adquistivo

Os funcionarios mobilízanse en toda España pola perda de poder adquistivo

Pídenlle ao Goberno que abra a negociación salarial con este colectivo

G24.gal 25/05/2022 14:27

Os traballadores das administracións públicas inician mobilizacións en toda España. Protestan por unha situación que afoga os empregados públicos cunha inflación que supera o 8 % con datos do mes de abril.

Os funcionarios cifran sobre un 15 % a perda de poder adquisitivo nos últimos anos. Unha situación laboral que tamén comparten as forzas e corpos de seguridade do Estado, que se suman ás mobilizacións para esixir a súa equiparación salarial coas policías autonómicas.

Os empregados públicos din que se senten maltratados e esíxenlle ao Goberno que inicie de xeito urxente a negociación salarial con este colectivo. Esta é a primeira dunha serie de mobilizacións que o sindicato CSIF ten convocadas para as próximas semanas e non desbotan recorrer a unha folga se o Goberno non atende as súas demandas. As protestas non están apoiadas polos sindicatos CCOO e UXT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade