Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os forenses axilizan a identificación das vítimas mortais do choque de trens en Toledo

Os forenses axilizan a identificación das vítimas mortais do choque de trens en Toledo

Levantouse un depósito de emerxencia para poder facer as autopsias a carón do Instituto de Medicina Legal de Toledo

As familias dos desaparecidos facilitan o seu ADN nos puntos habilitados pola Garda Civil

 

 

G24.gal 29/10/2026 14:18

A Unidade Militar de Emerxencias habilitou un depósito de cadáveres de emerxencia a carón do Instituto de Medicina Legal de Toledo, onde os forenses tratan de axilizar a identificación das vítimas. 

Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha, explicou que "nos traballos da noite apareceron restos humanos parciais. Hai acumulados, ademais dos cadáveres, restos que teñen que ir identificando".

Para facilitar a identificación dos corpos, a Garda Civil pide a colaboración dos familiares. O voceiro da comandancia de Toledo, Pedro Pablo Garrido, fixo un chamamento a "todo familiar que non puidese contactar con quen viaxase no tren para que se achegue entregar unha mostra do seu ADN".

Habilitáronse centros en Madrid, Toledo, Sevilla e Córdoba, a onde acoden as familias dos desaparecidos. Moitos séntense perdidos e reclaman máis información.

Dende o Centro de Integración de Datos alertan de que nalgúns casos lles están a chegar ás familias mensaxes de móbil falsas sobre a posible identificación das vítimas, e lembran que as comunicacións se fan de xeito presencial pola Garda Civil e non por teléfono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade