Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias do Villa de Pitanxo piden que se baixe ao barco e non "tapar a verdade"

As familias do Villa de Pitanxo piden que se baixe ao barco e non "tapar a verdade"

O sobrevivente Samuel Kwesi participou na concentración do domingo en Marín

G24.gal 03/04/2022 14:49

Cun caloroso aplauso foron recibidos na alameda Rosalía de Castro de Marín os familiares do Villa de Pitanxo. A foto dos seus familiares mortos e desaparecidos presidía o palco da música e nas pancartas, tres mensaxes claras: busca, verdade e xustiza.

Piden que se reinicie a busca do barco para tentar saber que pasou e se alí quedou algún deles. Saben que no lugar hai campañas do Instituto Español de Oceanografía que fan prospeccións nos fondos mariños, agardan que tamén poidan buscar os seus familiares.

Foron duras as palabras de Cristofer González, o fillo do engraxador dixo a título persoal que a armadora mentía a mantenta para ocultar a verdade e que eles non pararán ata sabelo, que aínda poden rectificar.

Emocionantes foron tamén as palabras de Samuel, o sobrevivente que dixo que a súa vida parou aquel 15 de febreiro e que é necesaria a xustiza e buscar as probas baixo o mar. O seu discurso foi ovacionado polos presentes que interrompían con berros e aplausos de  agradecemento o seu discurso.

Nunha alameda ateigada de familiares, amigos, xente de Marín e xente do mar en xeral e de Galicia, que segue conmocionada por este suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade