Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biden veta as importacións estadounidenses de petróleo e gas de Rusia

Biden veta as importacións estadounidenses de petróleo e gas de Rusia

Tamén se vetará a compra de carbón ruso como represalia pola guerra en Ucraína

As importacións de petróleo dos EUA procedente de Rusia supoñen preto do 8 % do total

O Reino Unido tamén deixará de mercar petróleo ruso a finais de 2022

G24.gal 08/03/2022 15:23

O presidente estadounidense Joe Biden veta as importacións de petróleo, gas natural e carbón de Rusia, nunha nova medida de presión a Moscova pola invasión a Ucraína.

"Significa que o petróleo ruso non será aceptado en portos dos Estados Unidos", dixo Biden nunha intervención na Casa Branca, onde afirmou que esta medida conta co apoio do Partido Demócrata e do Republicano.

Sinalou que decidiron adoptar esta prohibición, pese a que moitos aliados europeos non se atopan nunha posición de unirse a esta medida.

"Os Estados Unidos producen moito máis cru que a combinación de todos os países europeos", salientou.

Explicou que os Estados Unidos son un exportador neto de enerxía, polo que poden dar un paso que outros non poden, e engadiu que traballan con Europa para desenvolver unha estratexia máis a longo prazo para reducir a dependencia da enerxía rusa.

As importacións dos Estados Unidos de petróleo procedente de Rusia supoñen preto do 8 % do total, mentres que no caso europeo é do 27 %, segundo datos oficiais.

"Defender a democracia vai implicar custos, e vainos supoñer custos a nós tamén", avisou Biden.

O Reino Unido tamén deixará de mercar petróleo ruso a finais de 2022

O Reino Unido reducirá gradualmente as importacións de petróleo ruso e deixará de mercar cru a Moscova para finais deste ano, anunciou este martes o ministro de Empresas, Enerxía e Estratexia Industrial británico Kwasi Kwarteng.

Ese periodo de "transición" ofrecerá ao mercado británico nove meses para axustarse aos cambios e asegurar novas vías de subministración unha vez queden vetados o cru e os seus derivados do petróleo de Rusia, que representan o 8 % da demanda británica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade