Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estados Unidos frea a selección inglesa

Estados Unidos frea a selección inglesa

O empate déixaos nunha boa situación para cumprir os seus obxectivos na última xornada

G24.gal 25/11/2022 21:41

Viña de ser unha das sensacións na primeira xornada do Mundial cunha exhibición de fútbol ofensivo. Inglaterra tentaba sentenciar o pase aos oitavos de final como primeira de grupo e podía facelo cun triunfo ante Estados Unidos. Pero o equipo americano saíu túzaro e presentou dura batalla, tanto que mesmo dispuxo dalgunha ocasión para gañar o partido. 

Nun encontro en que predominou a intensidade e o ritmo, os achegamentos con perigo sobre as porterías non estiveron ao mesmo nivel que no resto de zonas do campo. Viuse unha boa primeira metade e unha segunda en que os equipos estiveron máis temerosos, sobre todo a partir do minuto 70, cando deixaron de arriscar á procura do gol. 

Seguramente tanto Inglaterra coma Estados Unidos botaron contas e o empate non é tan malo para os seus respectivos obxectivos. Inglaterra será primeira de grupo se lle gaña a Gales e mesmo lle podería valer un empate. Estados Unidos xogarao todo a unha carta. A vitoria ante Irán méteos en oitavos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos