Os Estados Unidos estudan apelar contra a sentenza xudicial que anula o uso obrigatorio da máscara no transporte público
Os Estados Unidos estudan apelar contra a sentenza xudicial que anula o uso obrigatorio da máscara no transporte público
A decisión xudicial prodúcese cando hai un incremento de contaxios por covid–19 en territorio estadounidense

O Goberno dos Estados Unidos esperará a recibir máis informes das autoridades sanitarias para decidir se recorre contra a sentenza dunha xuíza da Florida que anulou a obrigación de levar máscara nos transportes públicos do país.
A decisión xudicial prodúcese cando hai un incremento de contaxios por covid–19 en territorio estadounidense.
A xuíza da Florida considera que as autoridades sanitarias non xustificaron suficientemente a súa decisión de obrigar a usar máscara nos transportes públicos e ademais incumpriron os procedementos.