Os Estados Unidos aumentan a súa presenza militar no Caribe
O portaavións nuclear Gerald R. Ford navega cara á zona, mentres miles de soldados, buques e avións reforzan o dispositivo
Toda a operación se coordina dende A Florida, onde está o centro de mando do Comando Sur
A despregadura militar dos EUA no Caribe dá un salto histórico coa chegada do portaavións nuclear Geral Ford, o máis avanzado da súa frota. Ven dende o Mediterráneo e aínda non se confirmou a data exacta da súa chegada. Traerá máis de 5.000 militares e uns 75 avións de combate.
Xa hai 10.000 efectivos operando na zona con buques de guerra, un submarino nuclear e a aviación. Nos últimos meses a Mariña estadounidense asegura ter destruído varias narcolanchas co resultado duns 43 mortos.
Trump presenta o operativo como unha campaña contra o narcotráfico e as redes vinculadas ao réxime de Nicolás Maduro en Venezuela. Pero é tamén unha demostración de forza.
Toda a operación se coordina dende A Florida, onde o comando sur dos EUA supervisa a despregadura militar no Caribe.