Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os equipos galegos preparan a xornada na Liga ACB

Os equipos galegos preparan a xornada na Liga ACB

O Obradoiro visita Zaragoza este serán

O Breogán viaxa mañá a Fuenlabrada logo da renovación de Mrsic

G24.gal 11/03/2023 13:16

O Zaragoza vén de derrotar o Barcelona na súa pista. De feito, alí xa caeu tamén o Real Madrid e tres dos últimos catro partidos dos de Porfirio Fisac remataron en triunfo. A liña ascendente dos aragoneses permítelles ver un chisco máis lonxe a zona de descenso. Nesa situación atópase o rival dun Obradoiro que buscará facerse forte en dous aspectos do xogo que poderán darlle a vitoria.

A semana breoganista, a da continuidade de Veljko Mrsic á fronte do equipo un ano máis, foi a de recuperación logo da derrota fronte ao Betis. Xestionar un traspé cando o encontro estaba case gañado non é sinxelo. Houbo traballo arreo nese senso tendo en conta que mañá agarda unha batalla semellante. Toca visitar o cabeiro, o Fuenlabrada.

O Fuenlabrada, en plena reconstrución do seu equipo, afronta esta cita acumulando 14 derrotas seguidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade