Os empresarios do polígono industrial de Boiro demandan unha rotonda que evite os atascos
Os atoamentos en hora punta dificultan a actividade e competitividade das empresas
A accesibilidade ao polígono de Espiñeira en Boiro complicouse nos últimos anos co incremento da actividade empresarial.
A hora punta sucédense os atascos nas vías de entroncamento do polígono, o que prexudica a competitividade das empresas.
Para resolver esta situación desde a entidade de conservación do polígono demandan a construción dunha rotonda na costa de Espiñeira.
Urxen a construción desa infraestrutura que aseguran lles evitaría perdas de tempo e minimizaría os riscos actuais provocados polas retencións e pola falla de visibilidade nun dos cruzamentos.
Con esta demanda, os empresarios buscan aliviar os actuais problemas de mobilidade nun parque industrial onde se multiplicou o asentamento de novas empresas e para o que xa ven necesaria unha ampliación.