Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos pídenlle unha reunión urxente á Xunta para coordinar a axuda aos afectados pola DINA

Os concellos pídenlle unha reunión urxente á Xunta para coordinar a axuda aos afectados pola DINA

Os concellos e deputacións que estean a recoller materiais e alimentos poden contactar coa Delegación do Goberno en Galicia

O que máis se precisa é auga, leite, friames, pan de molde, latas de atún, materiais de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas

Recollida de axuda en Eivisa para os afectados pola DINA Recollida de axuda en Eivisa para os afectados pola DINA
G24.gal 01/11/2024 17:33

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) solicitou este venres unha reunión urxente á Xunta para coordinar a axuda aos afectados pola DINA.

Nun comunicado, a Fegamp explica que nese encontro que pediron hai unhas horas ao Executivo autonómico pretenden articular mecanismos de coordinación.

A Federación Galega de Municipios e Provincias tamén trasladou aos concellos e deputacións galegas as indicacións actualizadas para colaborar coas persoas damnificadas.

Os concellos e deputacións que estean a recoller materiais e alimentos básicos, poden contactar directamente coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP) ou coa Delegación do Goberno en Galicia.

O que máis se precisa é auga, leite, friames, pan de molde, latas de atún, materiais de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas.

Os concellos e deputacións que poidan achegar apoio de bombeiros, servizos de rescate e de protección civil deben contactar cos servizos de emerxencia da Generalitat Valenciana.

Para achegas económicas, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) está a xestionar a apertura dunha conta bancaria unicamente dirixida a este labor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade