Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comerciantes do distrito coruñés de Oza piden a instalación de desfibriladores

Os comerciantes do distrito coruñés de Oza piden a instalación de desfibriladores

Tras a morte por infarto dun cliente, cren que o desfibrilador pode salvar unha vida ata a chegada das emerxencias

G24.gal 30/06/2022 15:03

A morte por infarto dun cliente cando saía dun establecemento fixo reaccionar a Asociación de Comerciantes do distrito de Oza, na Coruña, que pide a instalación de desfibriladores. O home foi atendido nun primeiro momento polos encargados do establecemento e mesmo por un médico que pasaba pola rúa, pero cando chegou a ambulancia xa non se puido facer nada por el.

 "Si, no primeiro momento efectivamente quitei unha cadeira e unha botella de auga. Tratouse por todos os medios de acudir o mellor posible...", di a propietaria do establecemento.

Por este motivo a Asociación de Comerciantes cre que é moi necesario contar cun desfibrilador para poder actuar ata que cheguen os servizos de emerxencia. Un tempo, din, en que se pode salvar unha vida.

"Xa levabamos tempo pensándoo, entón o que solicitamos, así fixémolo chegar ao Concello da Coruña, é que nas zonas comerciais e nesta nosa que se poña nalgún punto desfibriladores e que se dean cursos ou algunha formación básica para que o local que o teña saiba como utilizalo", sinala a presidenta da Asociación de Comerciantes do Distrito Oza.

Os comerciantes do distrito de Oza xa están falando con outras asociacións para que a iniciativa se estenda a toda a cidade.

 "Si facémolo a título persoal como distrito Oza, pero sería conveniente que o Concello abrise a posibilidade de que houbese máis en máis zonas comerciais porque pasou aquí en Oza, pero pode pasar en calquera outra zona tamén", di Marta Fernández.

Os comerciantes de Oza xa fixeron unha petición formal e xa teñen solicitada unha xuntanza co Concello para tratar esta iniciativa á que esperan que se sumen outras asociacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade