Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os comerciantes de Vilagarcía, en alerta polos roubos diarios

Os comerciantes de Vilagarcía, en alerta polos roubos diarios

Piden unha solución aos pequenos furtos, insultos e problemas que causa unha delincuente habitual

Nas últimas semanas, adoita a ir acompañada de dous homes para roubar 

O último roubo produciuse no centro da vila na rúa Alcade Rey Daviña
G24.gal 24/01/2023 13:13

Os comerciantes de Vilagarcía están cansos dos roubos que sofren a diarios. Normalmente son de pequena cantidade e por iso son considerados delitos menores, así non levan aparelladas penas de cárcere.

Os comerciantes piden axuda para que alguén lles bote unha man e poña fin a esta situación. Unha muller é a sospeitosa de ser protagonista desta morea de roubos na vila. O seu aspecto físico e o modo en que actúa é coñecido por moitos comerciantes pero as súas continuas detencións non serven de moito.

Desta volta romperon un escaparate cunha tapa de fundición dunha arqueta. Algúns veciños saíron ás súas fiestras ante o ruído que viña da rúa. Alí estaban tres persoas intentando furar o cristal para conseguir algún dos produtos. A lista de prexudicados é longa. A dona di que varias das súas compañeiras comerciantes teñen medo cando ven a muller preto dos seus establecementos, porque se comporta de xeito agresivo a quen lle chama a atención. 

Nuria Rodríguez Ordás é a dona da tenda de produtos cosméticos Yves Rocher: "Roubou en tres ocasións, o martes pasado intentouno e o sábado a noite chamoume a policía porque fixeron un burato e roubaron champús. Temos que deixar de traballar e estar pendentes dela acurrala para que marche, non podes deixala un minuto. É unha persoa escandalosa, tira coas cousas, berra, faiche fronte".

Rocío Roma, traballa na tenda de deportes Polinesia:  "Todos os días veñen dous ou tres ao longo do día. Ocasionan moitos problemas, hai que enfrontarse a eles, insultan, molestan os clientes.  Solución ningunha. Estamos continuamente poñendo denuncias fóra do noso horario de traballo, todos os días, aínda que sexa pouca cousa. E do que nos damos conta, porque haberá cousas que non saibamos ata que fagamos un inventario".  

Ao parecer a muller é moi coñecida en toda a vila por andar sempre facendo balbordo pola rúa e enfrontarse coas persoas que se cruzan no seu camiño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade