Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os centros de vacinación masiva de Galicia reabrirán a mediados de mes

Os centros de vacinación masiva de Galicia reabrirán a mediados de mes

O conselleiro de Sanidade asegura que o Sergas continuará "apostando por estes centros que tan bo resultado deron"

A Xunta non contempla, polo momento, que a dose de reforzo se aplique con carácter xeral

G24.gal 03/11/2021 11:56

Os centros de vacinación masiva contra a covid-19 de Galicia reabrirán a mediados de novembro para administrar a dose de reforzo ás persoas de entre 70 e 79 anos e tamén para vacinar as persoas que foran inmunizadas con Janssen independentemente da súa idade.

Así o asegurou este mércores en Vigo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen afirmou que o Sergas continuará "apostando por estes centros de vacinación masiva que tan bo resultado deron".

Segundo Comesaña, Sanidade calcula que en dúas ou tres semanas finalizaría a actual campaña de vacinación coa dose de reforzo aos galegos maiores de 80 anos, aos que tamén se lles está ofrecendo poñer a vacina da gripe. Ese cálculo faise tendo en conta que se está vacinando entre 50.000 e 60.000 persoas á semana, un ritmo que se axusta ás previsións da Consellería.

Non está na estratexia aplicar o reforzo de forma xeral

En canto á aplicación da terceira dose con carácter xeral, contra a que se manifestou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, quen dixo que non a ve necesaria, Comesaña tamén asegurou que, de momento, non é a estratexia da Xunta de Galicia.

"O posicionamento de Galicia foi de prudencia e ir paso a paso. Primeiro residencias de maiores, daquela inmunodeprimidos, agora estamos no grupo de maiores de 80, logo 70-79 e queda pendente na Comisión de Saúde Pública o grupo 65-70. De momento, ese é a formulación da Xunta", dixo o conselleiro.

"Se vai habendo evidencia ou decisións no consello Interterritorial, Galicia posicionarase pero desde logo neste momento estamos posicionados nesta estratexia de vacinación da xente máis maior", engadiu.

Por outra banda, Comesaña sinalou que o Sergas segue no empeño de seguir captando a quen non recibiu a primeira dose, un grupo cifrado hai dous meses nunhas 160.000 persoas, dos que desde entón vanse descontando entre 1.500 e 2.000 persoas cada semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos