Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os catro primeiros da 1ª RFEF enfróntase coa G2 como testemuña

Os catro primeiros da 1ª RFEF enfróntase coa G2 como testemuña

Celta Fortuna-Ponferradina (sábado) e Nástic-Deportivo (domingo) son os partidos estrela desta xornada

O Lugo recibe no Anxo Carro o Unionistas (domingo, 17:00)

G24.gal 08/03/2024 20:20

Celta Fortuna e Ponferradina mídense este sábado pola tarde en Balaídos. Cuarto contra terceiro clasificado, encontro que poderán seguir a través da nosa segunda canle. Os celestes perseguen a terceira vitoria consecutiva para seguir recortando puntos co líder.

Aquí tamén poderán ver, xa o domingo, o encontro entre os dous primeiros clasificados. O Deportivo defende a primeira praza no campo do Nástic, o equipo máis forte na casa do grupo.

No Anxo Carro mídense décimo contra noveno clasificado. Aí tamén estarán as cámaras da Galega. O Lugo recibe o Unionistas de Salamanca, que en dez xornadas só perdeu un encontro. Chegan empatados con 35 puntos. Trashorras buscará a súa primeira vitoria como adestrador. O equipo mellorou en sensacións pero seguen faltando os resultados.

O Arenteiro visita a casa do Tarazona, décimo sexto clasificado. O equipo de Javi Rey, sétimo na táboa, quere romper a xeira de dúas derrotas consecutivas e retomar a senda do triunfo nunha temporada para enmarcar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade