Cargando resultados...
Os catro maxistrados novos do Constitucional aceptan o cargo ante o rei
O órgano está pendente da elección dun presidente novo
Esta renovación parcial deixa o tribunal con maioría progresista
G24.gal
31/12/2022 12:51
Última actualización 31/12/2022 13:06
Os catro maxistrados novos do Tribunal Constitucional prometeron ou xuraron o seu cargo ante o rei, Filipe VI. A cerimonia celebrouse no Pazo da Zarzuela.
O vindeiro día nove tomarán posesión do mandato e o dez prevese a convocatoria dun pleno para elixir o presidente.
Esta renovación parcial, pendente dende o pasado mes de xuño, deixa o tribunal con maioría progresista.