Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos activos xa rozan os 800, nunha xornada de aumento dos contaxios

Os casos activos xa rozan os 800, nunha xornada de aumento dos contaxios

Aumentan as persoas en coidados intensivos

Jessica Fernández 09/11/2021 10:36

Os casos activos continúan subindo e xa rozan os 800. En total, hai 798 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, tamén aumentan os contaxios (+22). Detectáronse 76 novos casos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 200 (+5)

Vigo: 116 (+15)

Ourense: 195 (+11)

Santiago: 72 (+6)

Lugo: 65 (+9)

Pontevedra: 70 (+1)

Ferrol: 80 (+6)

En canto á ocupación hospitalaria, mantense igual ca na xornada anterior, con 39 persoas. Hai unha persoa máis na UCI (10) e unha menos en planta (29). Con todo, o Sergas notificou dous decesos por mor da covid, elevando a cifra a 2.655 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade