Os casos activos volven subir tras o Entroido e aumentan tamén os contaxios diarios
Hai máis persoas con coronavirus ca onte en todas as áreas sanitarias, agás na de Ferrol
O Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas
Os casos activos repuntan lixeiramente (+256) despois dun mes de baixada continua. Así, hai 16.365 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente con respecto a onte e rexístranse 1.539 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 3.210 (+8)
Vigo: 3.290 (+58)
Ourense: 1.935 (+59)
Santiago: 2.950 (+76)
Lugo: 2.041 (+34)
Pontevedra: 1.895 (+37)
Ferrol: 952 (-11)
En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta lixeiramente en planta (+7), pero descende nas UCI (-1). En total, hai 397 e 28 persoas ingresadas respectivamente.
Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.114 falecementos desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos