Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos activos volven aumentar en Galicia e achéganse aos 65.000

Os casos activos volven aumentar en Galicia e achéganse aos 65.000

A presión hospitalaria segue subindo en planta, pero descende nas UCI

Os contaxios diarios aumentan e pasan dos 8.000

Jessica Fernández, Yaiza López 14/01/2022 10:17 Última actualización 20:26

Os casos activos volven aumentar en Galicia tras unha xornada na que se restaron case 17.000 positivos co novo protocolo de altas. Hoxe hai  5.330 máis con coronavirus, en total  64.781.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 8.427 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 13.049 (+1.156)

Vigo: 15.902 (+1.828)

Ourense: 8.048 (+310)

Santiago: 10.089 (+916)

Lugo: 6.683 (+366)

Pontevedra: 7.241 (+631)

Ferrol: 3.769 (+123)

En canto á presión hospitalaria, esta continúa a súa subida en planta (+31), pero descende nas UCI (-4). Así, hai 541 persoas ingresadas, 488 e 53 respectivamente.

O Sergas notificou o falecemento de sete persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, os decesos aumentan a 2.843 desde o inicio da pandemia en Galicia.

O pasado 11 de xaneiro faleceu unha muller de 86 anos en Povisa. O día seguinte un home de 84 anos en Povisa e unha muller de 90 anos no seu domicilio, situado no concello de Vigo. O 13 de xaneiro perderon a vida unha muller de 94 anos no Hospital de Monforte, un home de 72 anos no CHUF, un varón de 84 anos no CHOP e un home de 86 anos no CHUVI.

Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade