Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos activos xa pasan dos 600, cun importante incremento dos contaxios

Os casos activos xa pasan dos 600, cun importante incremento dos contaxios

A ocupación hospitalaria descende en planta (-2)

Jessica Fernández 05/11/2021 10:21

Seguen ascendendo os casos activos, que xa están por riba dos 600. En total, hai 640 persoas con coronavirus en Galicia, 59 máis ca na xornada anterior.

Aumentan tamén os novos casos detectados por probas diagnósticas (+10). Rexistráronse 86 contaxios.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 157 (+5)

Vigo: 91 (+10)

Ourense: 162 (+24)

Santiago: 63 (+8)

Lugo: 54 (+4)

Pontevedra: 59 (+5)

Ferrol: 54 (+4)

No caso da ocupación hospitalaria, esta descende en planta (-2), pero mantense en UCI. En total, hai 6 persoas en coidados intensivos e 26 en planta. Con todo, o Sergas non notificou decesos por mor da covid nas últimas 24 horas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade