Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os candidatos ao Consello de RTVE non acadan os 2/3 necesarios na votación do Congreso

Os candidatos ao Consello de RTVE non acadan os 2/3 necesarios na votación do Congreso

Este martes acadaron 174 votos a favor e o xoves repetirase a votación

G24.gal 12/11/2024 14:33

O nomeamento dos novos conselleiros de RTVE terá que votarse de novo este xoves despois de que nesta xornada non conseguisen os votos suficientes no Congreso.

Os candidatos propostos polo PSOE e os seus socios de Goberno acadaron 174 votos a favor, sen chegar aos 2/3 da cámara necesarios para a súa aprobación.

Na segunda volta só será necesaria unha maioría absoluta, que poderán conseguir sen o apoio do PP, que rexeita esta reforma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade