Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros da provincia de Lugo inician unha folga indefinida

Os bombeiros da provincia de Lugo inician unha folga indefinida

Se non hai acordo co Consorcio, constituído a partes iguais pola Xunta e as deputacións provinciais, a próxima semana uniranse ao paro todos os parques comarcais de Galicia

G24.gal 09/06/2023 14:17

Os arredor de 120 bombeiros dos seis parques comarcais da provincia de Lugo inician este venres unha folga indefinida. Reclaman que o consorcio os recoñeza como persoal laboral fixo e mellora das condicions laborais. Se non hai resolución ao conflito, a próxima semana todos os parques comarcais de Galicia sumaranse ao paro indefinido.

Héctor Fernández, bombeiro do parque comarcal de Vilalba, di que en salarios e medios técnicos están á cola de España. "Somos os que máis traballamos, pero cando chega a nómina estamos 600 euros por debaixo de calquera bombeiro de España".

Tamén esixen renovación de medios materiais e máis contratacións. Din que os servizos mínimos demostran a carencia de efectivos humanos. Lucas Ares, bombeiro de Vilalba, afirma que traballan "en precario" e que o mesmo consorcio estalles a dar a razón ao determinar uns servizos mínimos de tres bombeiros, que é o retén que traballa habitualmente.

Deciden ir á folga ante a falta de avances na mesa de negociacións. Héctor Fernández di que "o servizo sempre funcionou grazas á boa vontade dos bombeiros, que sempre cubriron os mínimos sen mirar o tempo que botaban nin os cartos que gañaban, e agora o que pedimos é que senten a negociar coa mesma boa fe que temos nós durante todo o ano". 

Se non hai acordo co Consorcio, formado ao 50 por cento por deputacións provincias e Xunta, a próxima semana uniranse ao paro indefinido todos os parques comarcarcais de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade