Os bispos rexeitan participar na investigación sobre abusos sexuais do Defensor do Pobo
Molestos porque se centre na Igrexa e non se estenda a outros ámbitos
A Conferencia Episcopal descarta participar na comisión de investigación do Defensor do Pobo sobre abusos sexuais. Colaborará abrindo os seus arquivos canónicos, como fai coa investigación encargada pola institución a un despacho de avogados, pero non intervirá na comisión impulsada polo Congreso.
En rolda de prensa tras a celebración da Asemblea Plenaria dos Bispos, o voceiro da Conferencia Episcopal , Luis Argüello, non ocultou que están molestos con que os traballos se centren unicamente nos abusos cometidos dentro da Igrexa e non se estendan a toda a sociedade.
E puxo como exemplo os datos que baralla a Fiscalía.
"Sobre 15.000 son 69. Unha vez que ten ese dato o Congreso dos Deputados e o Goberno parece unha decisión sorprendente que só se investigue o ámbito onde se producen 69 e non se investigue o ámbito dos case 15.000 restantes", indicou Argüello.