Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os baróns do PP apoian a candidatura de Feijóo

Os baróns do PP apoian a candidatura de Feijóo

O presidente andaluz reclama autonomía para negociar pactos

G24.gal 03/03/2022 14:47

Máis alá do choque coa presidenta madrileña, os baróns do PP cren que a caída de Pablo Casado se debeu ás súas inxerencias nos poderes territoriais. Para Alberto Núñez Feijóo, o PP "é unha estrutura autonómica que o partido debe aceptar e non menoscavar". Na súa opinión, coa dirección saínte "houbo unha serie de interferencias e de desconsideracións cara moitos líderes do PP".

Eses líderes reúnense agora arredor de Feijóo, na súa candidatura á presidencia do partido. A líder madrileña, Isabel Díaz Ayuso, cre que "se todos os gobernantes do PP se aliñan arredor dun home que colleitou catro maiorías absolutas, seremos imbatibles". 

Tamén o andaluz pecha filas con Núñez Feijóo. Juan Manuel Moreno Bonilla destaca a súa "visión periférica do país" e pide "autonomía ás comunidades para poder negociar que pacto é o máis razoable, máis sensato, en cada territorio".

O apoio ao dirixente galego escenificarase e a comezos de abril, en Sevilla, no Congreso en que se elixirá o próximo presidente do PP, a súa é a candidatura con máis posibilidades, pero non a única. Nas últimas horas tamén se postulou unha estudante valenciana.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade