Os Azores, en alerta por unha posible erupción volcánica
A illa de São Jorge, no arquipélago portugués dos Azores, leva sufrindo varios días centos de tremores
As autoridades colocaron en nivel 4 a alerta de erupción e comezaron traslados dentro da illa

O nivel de alerta por risco de erupción volcánica foi elevado nas últimas horas na illa azoriana de São Jorge. Pasou ao nivel 4 dos cinco posibles.
A illa leva dende o sábado pasado experimentando un enxame de tremores que fan recordar ao que aconteceu previamente á erupción do volcán da Palma a finais do ano pasado. O Instituto Vulcanolóxico dos Azores leva rexistrados case 2000 eventos deste tipo, 150 perfectamente perceptibles pola poboación da illa, unhas dez mil persoas.
O centro de estudos sísmicos notou nas ultimas horas un cambio nos parámetros que os achegan cara a un escenario de erupción volcánica no sur da illa o que fixo activar os protocolos de traslados dos pacientes no centro de saúde da zona e tamén das persoas impedidas.
O Goberno Autónomo dos Azores tamén duplicou a presenza da medios aéreos en São Jorge para facilitar unha posible evacuación da illa.
A última erupción na zona remóntase a 1808 pero o recordo do tremor de 1980 na illa veciña de Terceira e que provocou 70 mortes mantén á poboación de São Jorge en tensión.
São Jorge é ten menos da metade de territorio que a illa da Palma polo que unha erupción non só obrigaría ao traslado de toda a poboación, senón que se abriría un escenario de grande destrución.