Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os axentes da UIFO investigan a orixe e a autoría dos incendios forestais

Os axentes da UIFO investigan a orixe e a autoría dos incendios forestais

A Policía Autonómica investigou 42 persoas como presuntas autoras de lumes declarados desde xaneiro a setembro

Segundo os datos dos últimos dez anos, máis do 60 % dos incendios son intencionados

Sinalización do inicio dun incendio forestal
G24.gal 25/09/2022 14:10 Última actualización 25/09/2022 14:34

Aínda que o outono entrou esta semana, a vixilancia dos lumes forestais non cesa co cambio de estación. Arderon nestes meses 44.000 hectáreas de monte e os equipos de investigación que traballan para esclarecer estes incendios continúan analizando a orixe e a propagación dos lumes.

Desde hai un ano a Unidade de Investigación de Incendios Forestais traballa, conxuntamente coa Garda Civil, a Policía Autonómica e a Nacional na investigación dos lumes que arrasan o monte.

Son axentes ambientais como Aurelio Mosteiro e Luís Zarco que exerceron durante anos como directores de extinción nos incendios,  

"Todos temos máis de 1.000 horas de combate real no traballo da extinción de lumes e isto dános unha bagaxe moi importante á hora de interpretar os vestixios que deixa o lume ao paso polos combustibles".

"O que facemos é, mediante o procedemento do método das evidencias físicas, os vestixios que vai deixando o avance do lume na vexetación, nas pedras... Vannos indicando a zona de onde vén ese lume. Temos que chegar a acoutar esa zona de inicio e a partir de aí intentar atopar o foco de ignición".

Ese punto é o que determina a causa do lume: un raio, unha cabicha mal apagada, unha chispa provocada por maquinaria forestal ou un incendiario, como asegura Aurelio Mosteiro e Luís Zarco, membros da UIFO

"Os datos dos últimos dez anos din que o 60 ou 70% son lumes intencionados provocados por incendiarios, xente que quere queimar, que ten unha razón, ten dolo e intención de queimar". 

"Onde é unha zona de reincidencia é onde enfocamos os dispositivos de vixilancia e coordinación cos corpos e forzas de seguridade para intentar dar coa persoa causante dos incendios. A área de inicio sempre se atopa, outra cousa é atopar o medio de ignición. Ás veces non é posible porque o propio lume o destruíu ou foi cun chisqueiro ou con algo que non deixaron alí, pero tamén os atopamos".

A Policía Autonómica investigou ata inicios deste mes 42 persoas como presuntas autoras de incendios forestais ás que hai que sumar outras identificacións realizadas pola Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade