Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os apicultores protestan en Madrid en defensa do mel e piden axudas

Os apicultores protestan en Madrid en defensa do mel e piden axudas

O sector dá traballo a unhas 30.000 familias en toda España que ven perigar o seu futuro polos efectos climáticos e o incremento dos custos de produción

G24.gal 09/03/2023 14:32

Os apicultores españois aseguran estar ante peor crise da historia do sector. Hoxe trasladaron as súas mobilizacións a Madrid, diante do Ministerio de Agricultura.

Aseguran que están a pasar por unha situación dramática. Por unha banda ven como nos últimos anos van reducindo as colleitas á vez que se incrementan os custos de produción. E tamén denuncian o comportamento dos envasadores e da distribución española, que importan mel de países como A China, A Arxentina ou Turquía a uns prezos máis baixos que o mel español, ao que van desprazando nos supermercados.

O sector pide ao Ministerio que actúe para defender a supervivencia da apicultura española, que dá emprego en España a máis de 30.000 familias.

O sector da apicultura bota fume por diversas razóns: unha climática de difícil solución. E outras, económicas. Soben os custos de produción e non se ven reflectidos nos prezos. Ao mel español cústalle saír ao mercado.

Así que esixen ao Ministerio que revisen irregularidades. Piden tamén axudas para facer fronte á suba dos combustibles, máis interese para loitar contra as velutinas, porque entre unhas e outras razóns, o sector está en perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade