Cargando resultados...
As novas sancións a Rusia poden impulsar unha nova alza dos carburantes
Os consumidores notarán os efectos cando as distribuidoras europeas esgoten as reservas dos depósitos
G24.gal
31/01/2023 14:47
A partir do día cinco, a Unión Europea vetará por completo o petróleo ruso. As estacións de servizo temen as consecuencias dun posible incremento dos prezos.
Para os analistas a medida tensionará o mercado, polo que a alza dos prezos está asegurada, aínda que din non será inmediata. Os consumidores notarán os efectos cando as distribuidoras europeas esgoten as reservas dos depósitos e teñan que volver comprar.
Neste contexto preocupa A China, que comeza a reactivarse tras as restricións pola pandemia.
Rusia perderá 120 millóns de euros diarios co veto ao petróleo.