Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os alumnos galegos só poderán usar dispositivos dixitais de xeito individual desde 5º de primaria

Os alumnos galegos só poderán usar dispositivos dixitais de xeito individual desde 5º de primaria

Galicia será pioneira ao regular o uso das novas tecnoloxías nas aulas a través da Lei de Educación Dixital

G24.gal 01/09/2025 11:58

Galicia será pioneira no uso das novas tecnoloxías nas aulas. Será grazas a Lei de Educación Dixital que será remitida ao parlamento este mesmo outono, co obxectivo de que sexa aprobada antes de que remate o vindeiro curso.

Este foi un dos principais asuntos abordados este luns no Consello da Xunta. O uso de pantallas ou dispositivos dixitais de xeito individual por parte dos alumnos so poderá facerse a partir do quinto curso de Primaria. Ata ese momento, desde Infantil ata cuarto de Primaria, só será posible un uso colectivo, e primarán as actividades con interacción física e manual.

Sobre esta lei, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, precisou que o obxectivo é remitila ao Parlamento galego no outono para a súa entrada en vigor o próximo ano. Todo iso, engadiu, para "consolidar" un modelo educativo híbrido, "coa presenza do libro impreso e a utilización das novas tecnoloxías".

"Queremos seguir avanzando na consolidación dun modelo educativo híbrido. Que combine a presenza do papel, do libro impreso, coa utilización das novas tecnoloxías", explica o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda. 

O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, lembradou que agora cada centro era o que determinaba como se usaban, algo que xa en 2026 xa se fixará por lei. E é que en febreiro o Executivo autonómico iniciou o proceso de elaboración da futura Lei de Educación Dixital de Galicia, que, na consulta previa, recibiu "600 achegas", precisou o conselleiro, que sinalou que se estudarán e que agora se iniciará un proceso para solicitar máis achegas sobre o uso das ferramentas dixitais.

"É obvio que a tecnoloxía debe estar presente no sistema educativo igual que está no conxunto da sociedade. Pero debemos facelo con "sentidiño", cunhas regras que permitan manter un equilibrio", di Román Rodríguez.

Todo iso, para concretar por lei, que tipo de usos débese facer dos equipamentos dixitais en cada etapa e asegurar un adecuado uso acorde ás idades. "Maximizar os beneficios da tecnoloxía e minimizar os posibles riscos", resumiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos