Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta declara proxecto estratéxico a central hidroeléctrica de Meirama, con 443 millóns de investimento

A Xunta declara proxecto estratéxico a central hidroeléctrica de Meirama, con 443 millóns de investimento

Sigue en directo a comparecencia do presidente da Xunta, Alfonso Rueda (13:00)

G24.gal 01/09/2025 12:11

Na súa xuntanza semanal o Consello da Xunta declarou este luns Proxecto Industrial Estratéxico á central hidroeléctrica de bombeo de Meirama, en Cerceda. Supón un investimento de 443,5 millóns de euros, e xerará 44 postos de traballo directos.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, subliñou que vai permitir reforzar o papel de Galicia como produtor de enerxías limpas, e tamén revitalizar a economía da zona.

Na actualidade hai xa 17 proxectos empresariais declarados estratéxicos en Galicia, que mobilizarán máis de 2.900 millóns de euros e crearán 4.600 empregos.

Entre os acordos adoptados este luns polo Goberno galego destaca ademais a mobilización de preto de 60 millóns de euros para impulsar obras de saneamento e depuración de augas en nove concellos durante o último trimestre do ano. Vanse mellorar instalacións de Poio, Vilagarcía de Arousa, Burela, Ferrol, A Illa de Arousa, San Cristovo de Cea, Rois, Salceda de Caselas e Mos.

Ademais, o Consello acordou iniciar os trámites para elaborar o Estatuto da muller do sector marítimo-pesqueiro e o Estatuto das Mulleres do rural de Galicia, co obxectivo de poñer en marcha medidas que garantan a igualdade de homes e mulleres neste eido. Ademais o Consello da o visto e prace a crear o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos