Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os afectados por un ictus piden un plan que unifique a atención da fase crítica coa rehabilitación

Os afectados por un ictus piden un plan que unifique a atención da fase crítica coa rehabilitación

Consideran fundamental que a primeira fase da rehabilitación se faga xa no hospital

G24.gal 16/11/2021 15:08

Enrique tivo un ictus hai tres meses. A súa experiencia sanitaria como farmacéutico axudoulle a caer na conta do que lle pasaba e pedir axuda axiña.

Valora moi positivamente esta resposta sanitaria de urxencias, pero considera que na fase hospitalaria hai unha gran falta na atención que precisan os pacientes de ictus unha vez superada a crise inicial.  

Considerou que nesas condicións non podía volver á súa casa e demandou unha prolongación do seu ingreso ata lograr unha mobilidade mínima. Tras catro semanas de rehabilitación no propio hospital, a súa situación era moi distinta.

Segue indo a rehabilitación, tanto aos servizos do hospital como aos de Sarela, a Asociación de Dano Cerebral de Santiago, para recuperar a psicomotricidade fina e superar certas dificultades na fala. E de paso colabora coa entidade para reivindicar que o bo nivel de asistencia aos pacientes de ictus se manteña máis aló da fase crítica. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos