Publicador de contidos

Publicador de contidos

Organizan un concerto de Nadal para a comunidade de refuxiados ucraínos en Santiago

Organizan un concerto de Nadal para a comunidade de refuxiados ucraínos en Santiago

O grupo Sanarte, integrado por membros da Real Filharmonía, tocou para os refuxiados ucraínos acollidos no Centro Europeo de Peregrinación.

O 7 de xaneiro celébrase o Nadal ortodoxo

G24.gal 07/01/2023 21:25 Última actualización 07/01/2023 21:55

Irina é de Khárkiv e estuda violonchelo na escola de Altos Estudos Musicais de Santiago. Fuxiu de Ucraína pouco despois de que empezara a guerra. En Khárkiv están aínda as seus pais, a quen espera ver dentro de ben pouco.

"Agora mesmo estanse preparando para viaxar estou moi contenta, porque a finais deste mes van vir aquí", explica Irina.

De Khárkiv tamén é Grigori, violinista da Real Filharmonía que leva máis de 25 anos en Santiago. Aló ten familia e amigos. Despois de case un ano de guerra, a situación que viven é moi complicada.

“É difícil, hai bombardeos constantes, caen proxectís, bombardean as infraestruturas e quedan sen auga e sen electricidade, a situación é moi dura”, explica Grigori.

O deste sábado é un concerto especial. Con motivo do Nadal ortodoxo tocan para a comunidade ucraína acollida en Santiago. O grupo Sanarte é unha formación integrada por membros da Real Filharmonía que cren no valor terapéutico da música 

"Queremos levar a música a lugares onde normalmente non se leva, a colectivos que están pasando por dificultades, sexa por motivos sociais ou políticos”, explica Irina Fernández, violista da Real Filharmonía.

“Queriamos traer un pouco da maxia do Nadal para as familias refuxiadas ucraínas. Como eles celebran o Nadal o 7 de xaneiro quixemos traer un pouco de música", di Irina Gruia, violinista da Real Filharmonía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade