Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro chega a un acordo co base norteamericano Devon Dotson

O Obradoiro chega a un acordo co base norteamericano Devon Dotson

É un base que contra cunha traxectoria de tres tempadas na NBA

G24.gal 18/03/2024 12:25 Última actualización 18/03/2024 12:27

O Obradoiro chegou a un acordo co base norteamericano Devon Dotson para reforzar a estrutura do equipo de cara aos últimos encontros da Liga Endesa na presente temporada.

O xogador, de 1,88 de altura, desenvolveu toda a súa carreira nos Estados Unidos e afrontará a súa primeira experiencia europea en España, ás ordes de Moncho Fernández.

É un base que contra cunha traxectoria de tres tempadas na NBA, xa que vestiu as camisetas de Washington Wizards e Chicago Bulls. Anteriormente formarase na prestixiosa Universidade de Kansas.

O curso 2023-2024 realizouno integramente no filial do equipo da capital estadounidense, Capital City Go-Go, da G-League, onde conseguiu, de media, 16,2 puntos, 5 rebotes e 6,2 asistencias.

O xogador chegará a Santiago de Compostela nas vindeiras horas e, despois de pasar recoñecemento médico, sumarase aos adestramentos do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos