Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ómicron engade incerteza a unha curva pandémica que segue en ascenso

Ómicron engade incerteza a unha curva pandémica que segue en ascenso

A incidencia media en Galicia é hoxe de 187 casos por 100.000 habitantes a 14 días

Os indicadores apuntan a que o número de infectados seguirá medrando dúas semanas máis

G24.gal 30/11/2021 13:55

A aparición da variante ómicron enche o escenario de novas incertezas.

"Neste momento é moi complicado dicir a situación que imos ter no Nadal", lamenta Juan Gestal, experto en pandemias e catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública.
 

Gestal cre que nos quedan polo menos dúas semanas ata acadar o pico de contaxios desta sexta onda, e a nova variante engade aínda máis incógnitas.

"Ómicron é unha variante de preocupación porque ten un número moi elevado de mutacións, máis de 50, e 33 están na espícula".

Quince delas, explica Gestal, están na zona de unión ao receptor, o que podería facer que esta cepa fose aínda máis transmisible.

"E tamén pode influír sobre o escape inmune que é o que máis nos preocupa: que as vacinas ou que inmunidade adquirida pola infección pasada non nos protexan adecuadamente fronte a esta nova variante do virus".

Gestal comenta que ómicron xa estaba circulando en Europa antes de ser descuberta en Suráfrica, e por iso aconsella axustar ben a máscara en interiores e usala sempre fóra cando non haxa distanciamento.

Tamén lembra a importancia de vacinarse. Preocupación cun só punto positivo: falta confirmación, pero parece que as infeccións por esta variante non son especialmente graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade