Cargando resultados...
Olalla Suárez: "Os adultos non temos por que ocultar que temos medo"
'A danza dos medos' é un proxecto multicultural no que participan artistas e músicos de Colombia e A Arxentina
Nesta montaxe de Teatro Escena codirixen Manuel Mansilla e Jorge Rey
'A danza dos medos', día 15 no Auditorio de Galicia, Santiago
G24.gal
13/02/2025 13:41
Última actualización 13/02/2025 16:42
Como cambian os medos a medida que maduramos? e que medos compartimos nas distintas culturas ? Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes presenta, este sábado, no Auditorio de Galicia de Santiago, 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques que reflexiona sobre esa sensación que todos coñecemos: temer algo.